Concentración en Ares contra a indefensión do Estado e da Xunta

EKSyaEGW4AI35s2O accidente do quimiqueiro “Blue Star” na costa de Ares puxo máis unha vez en evidencia a situación de indefensión da costa galega, e o auténtico despropósito na actuación do Goberno español, titular das competencias en materia de salvamento marítimo e loita contra a contaminación mariña.

A Plataforma Nunca Máis, nacida hai ha 17 anos con motivo da catástrofe do “Prestige”, convoca unha concentración en Ares o vindeiro venres 29 de novembro, ás 20 horas, na praza do concello vello (Praza da Constitución), cumpríndose unha semana do embarrancamento deste buque.

Afortunadamente se trata dun buque sen carga química no seu interior: non sabemos que tería ocorrido se se encontrase coa súa mercadoría a bordo. En calquera caso, resulta escandalosa a absoluta falta de información en que volve incorrer o Goberno español: descoñécese cal foi a orixe do sinistro, chamada de socorro do buque (de existir), medidas adoptadas antes do embarrancamento, e as decisións tardías e contraditorias tomadas durante a xestión posterior.

A Plataforma Nunca Máis fai un chamamento ás entidades do sector pesqueiro e marisqueiro, e ao conxunto da sociedade. a participar na mobilización convocada co obxectivo de forzar á administración pública española á adopción urxente as seguintes medidas:

  1. Información pública, transparente e detallada, sobre a xestión do accidente. Desde a súa orixe até o momento actual.
  2. Diálogo permenente coas entidades do sector pesqueiro e marisqueiro eventualmente afectado (confrarías e agrupacións de Ares, Pontedeume, Miño, Sada, Lorbé e A Coruña).
  3. As decisións relativas á protección do ecosistema mariño e da actividade produtiva pesqueira e marisqueira deben ser públicas, non vinculadas aos intereses privados de empresas de salvamento, da casa armadora, nin das aseguradoras. A xestión do “Blue Star” non pode ser un negocio.
  4. Adopción das medidas precisas para evitar o derrame das 105 tns. de combustíbel do buque. Cautelarmente, instalación de barreiras anti-contaminación arredor do buque, e de skimmers e sistemas de bombeo desde o mar en caso de vertedura.
  5. Garantir a dotación de medios, sistemas e protocolos de control de calquera incidente marítimo que se poida producir na ría de Ares.
  6. Transferencia á Galiza das competencias en materia de salvamento marítimo e loita contra a contaminación mariña.