O domingo, en todas as manifestacións convocadas en Galiza, haberá un posto de Nunca Máis no que venderemos diverso material publicitario, que axudará a sufragar os custes do recurso perante o Tribunal Supremo.
Por outra parte, tamén coa mesma finalidade, o sábado 30 a partir das 17 horas, haberá preto do estadio de Balaídos, en Vigo, diante dos locais da Asociación Veciñal do Val do Fragoso (beirarrúa enfronte do lateral do campo de fútbol), outro posto de venda de material publicitario de Nunca Máis.
Tamén poderedes mercar no local da AC Alexandre Bóveda (A Coruña) en horario de 18:00 a 20:00 horas. Ademais de, por suposto no locais da CIG da Coruña, Cee e Carballo.