Partiu como unha iniciativa d@s seareir@s galeg@s e desde a Plataforma queremos darlle a dimensión que se merece. Os estadios de fútbol da Galiza berrarán “NUNCA MÁIS” no minuto 10 dos partidos Celta-Almería e Deportivo-Lugo, que se xogan este sábado en Vigo e A Coruña, respectivamente.
Saudamos e felicitámonos unha vez máis pola iniciativa do pobo galego fronte a impunidade e a inxustiza. Este acto reivindicativo nos estadios de fútbol de Galiza será un adianto do que se vivirá nas manifestación convocadas nas sete cidades galegas máis Foz ao día seguinte, domingo 1 de decembro.
Pingback: La fiesta del fútbol gallego | El Fútbol es Injusto...·